Os traballadores e traballadoras dos centros de menores da Fundación Camiña Social da Coruña mobilízanse

As organizacións sindicais CCOO Ensino, CIG-Ensino e UGT-Servizos, ademais dunha folga, convocaron dúas concentracións a mañá do mércores 12 de xullo diante do Centro de Menores Concepción Arenal e diante do Edificio Administrativo de Monelos, cun desprazamento dun sitio ao outro a modo de caravana reivindicativa de coches, pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios, na defensa do convenio colectivo propio e pola mellora do servizo que se presta aos menores.

 

En prensa: https://cadenaser.com/galicia/2023/07/12/los-trabajadores-de-los-centros-de-menores-de-a-coruna-salen-a-la-calle-radio-coruna/