Publicadas datas, horas e lugares de realización de exercicios de varios procesos selectivos (PSEC)

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de … Ler máis

Data, hora e lugar de exame do primeiro exercicio das oposicións das especialidades de cociña (C2) e limpeza e cociña (AP)

Cociña (C2):

Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia.

O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

Limpeza e cociña (AP):

Proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo agrupacións profesionais.

O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.