Información da reunión coa Consellería en relación á posibilidade de convocar un novo proceso de estabilización no ensino público, recollido no artigo 217 do RDL 5/2023

O RDL 5/2023 (BOE 29/06/2023), no seu artigo 217, autoriza ás administracións públicas a convocar, mediante un novo concurso de méritos, o ingreso na función pública baseándose no criterio da disposición adicional 8ª da Lei 20/2021.

Nunha reunión técnica celebrada hoxe, 4 de xullo de 2023, a Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación comunicounos as conclusións do informe que elaboraron sobre a interpretación deste artigo 217.