Información da reunión coa Consellería en relación á posibilidade de convocar un novo proceso de estabilización no ensino público, recollido no artigo 217 do RDL 5/2023

O Goberno do Estado habilita as comunidades autónomas para convocar un novo concurso de méritos dentro do terceiro proceso de estabilización (regulado na Lei 20/2021). En Galicia, este terceiro proceso xa foi executado completamente mediante o concurso de méritos convocado ao abeiro das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, así como o concurso-oposición convocado segundo o artigo 2.1 da citada lei. Da mesma forma, xa se convocaran e resolveran os procesos anteriores ligados aos orzamentos do Estado dos anos 2017, 2018 e 2021.

Por tanto, non se trata dun novo concurso de méritos, senón de habilitar a posibilidade de convocatoria para aquelas administracións que non convocaron todas as prazas derivadas da DA 8ª ou as convocaron de forma incorrecta.

Como conclusión, a Subdirección de Recursos Humanos informa que en Galicia os procesos de estabilización xa foron completados coas convocatorias xa resoltas, polo que non quedaría ningunha praza estrutural sen convocar previamente.