Día: 24 Xullo, 2023
Nomeados os tribunais dos procesos selectivos de cociña e limpeza, entre outros (PSEC)
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal … Ler máis
Publicación no BOE do RD 659/2023 polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional
Este RD 659/2023, de 18 de xullo, desenvolve a Lei Orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.
Publicada no BOE a orde de integración do profesorado PTFP no corpo de PES
Publicada a orde EFP/848/2023, de 17 de xullo, pola que, a proposta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, se integra no Corpo de Profesores de Educación Secundaria ao persoal funcionario de carreira do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, a extinguir, en virtude do procedemento convocado por Orde do 28 de octubro de 2022.
