Apertura do prazo para renunciar ao CADP

Todos aqueles soliciten non participar no CADP deberán facer a renuncia no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/substitutos/

O persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)

  • PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos

Xuntanza Dirección Xeral de Función Pública

CRITERIOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN LEI 20/2021 E BUZÓN DE POSTOS OPE EXTRAORDINARIA 2022 Este martes 10 de maio, mantivemos unha xuntanza co director xeral da Función Pública ao respecto dos criterios a aplicar aos procesos selectivos de estabilización que se convocarán en aplicación da Lei 20/2021 de redución da temporalidade. Como resumo, estas foron as conclusións: Sobre os criterios dos … Ler máis

Borrador da integración do corpo de PTFP en PES

Achegado polo ministerio o borrador do  Real Decreto que ten por obxecto regular a normativa básica do procedemento de integración do profesorado do corpo a extinguir de profesorado técnicos de formación profesional, no corpo de profesores docentes secundaria, de conformidade co disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro. BORRADOR