Mes: Xuño 2022
A consellería de educación comprométese a negociar un acordo de mantemento de emprego no ensino concertado
Na reunión mantida con UGT e CCOO (mañá reunirase coa CIG), conseguiuse o compromiso de comezar en datas próximas a negociación de un Acordo de Mantemento de Emprego para o ensino concertado. Hoxe o director e a subdirectora Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu aos sindicatos UGT e CCOO, tal como se acordara no peche do día 23. Mañá recibirá á CIG … Ler máis
Oposicións Persoal Laboral: Novidades de convocatoria para procesos selectivos
RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. htmlAnuncioG0597-170622-0002_gl.Publicados/2022/20220627/https://www.xunta.gal/dog/ RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo … Ler máis
Manifesto da Federación de Ensino de CCOO no Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
Un dos principais obxectivos desta organización é a loita contra a LGTBIQ+fobia, principalmente nos centros de traballo. CCOO foi, é e será punta de lanza do sindicalismo LGTBIQ+.
Anos de loita e #OrgulloDeSer no traballo
- Porque foron, somos. Porque somos, serán.
- En CCOO, como sindicato de clase e axente de igualdade, levamos anos traballando a prol dos dereitos sociais e laborais das persoas LGTBI+ e en contra de calquera discriminación por razón de orientación sexual ou identidade ou expresión de xénero. Anos pelexando por erradicar a violencia e o acoso. Por garantir o respecto á dignidade das persoas e a súa diversidade. Pola salvagarda, en definitiva, dos dereitos humanos.
Resolución definitiva de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral para o curso 2022/23
Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2022-23. Listado definitivo de concilia de primaria Listado definitivo de concilia de secundaria Listado definitivo … Ler máis
Resolución definitiva de comisións de servizos por motivos de saúde
Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2022/2023. Resolución definitiva de saúde de primaria Resolución definitiva de saúde de secundaria Resolución definitiva de saúde de relixión
As organización sindicais CCOO, CIG e UGT péchanse na Consellería de Educación
Reclaman a convocatoria urxente da Mesa Tripartita do Ensino concertado que leva dous anos sen convocarse. Úrxelle un Acordo de Mantemento de Emprego que evite a destrución de postos de traballo.
