CCOO reclámalle ao Goberno de Sánchez salarios dignos para as empregadas e empregados públicos

A Área Pública de CCOO está cansa de esperar e esíxelle ao Goberno de España a negociación dun novo acordo salarial e de condicións de traballo que garanta o poder adquisitivo, derrogue os decretos de recortes de dereitos do 2010/12 e mellore substancialmente as condicións de traballo no sector público. Se non, intensificará as mobilizacións sen desbotar calquera medida de presión, incluída a folga.