Información da Mesa Sectorial de Educación do Estado do día 21/12/2021 sobre a modificación do RD 276/2007 de ingreso e acceso.

CCOO Ensino denuncia a falta de liderazgo do Ministerio de Educación neste proceso. Despois da reunión coas  Comunidades Autónomas o día 20, remítese ás OOSS un novo documento (preme aquí para descargalo) pola noite para negociar na Mesa Sectorial de hoxe. Pouco tempo para poder reflexionar sobre os cambios introducidos nun tema de capital importancia para o sistema educativo. 

Nova proposta da patronal na negociación do novo convenio de discapacidade

O pasado 16 de decembro celebrouse unha nova reunión da Mesa Negociadora do XVI Convenio Colectivo na que CCOO e UGT presentamos unha batería de propostas prioritarias que configuran o groso das nosas reivindicacións e moitas das cales xa aparecen recollidas na plataforma reivindicativa de CCOO. A salientar:   Contratación Establecer limitacións á temporalidade e á parcialidade e priorizar a … Ler máis

CCOO asina o XI Convenio colectivo de centros de ensino privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado

O pasado 17 de decembro CCOO asinou o XI Convenio Colectivo, xunto ao resto de organizacións sindicais de ámbito estatal, tras sometelo á consulta coas nosas bases e ser ratificado, deste xeito , o preacordo subscrito unha semana antes.       O convenio terá unha vixencia de tres anos, ata o 31 de decembro de 2023, establece un incremento salarial do … Ler máis

CCOO non asinará o XXIII Convenio Colectivo de Autoescolas

Na reunión mantida o pasado luns 13 de decembro as organizacións sindicais UGT e USO decidiron asinar un preacordo (podes descargalo premendo aquí), conxuntamente coa patronal do sector, antesala da sinatura do XXIII convenio colectivo que terá lugar o vindeiro martes 21 de decembro. Dende CCOO sempre mantivemos a mesma líña argumental: se non se producía un incremento retributivo sustancial … Ler máis