CCOO Ensino urxe a consellería a cuantificar as prazas estruturais vacantes susceptibles de oferta por concurso de méritos

O día 2 de decembro de 2021 aprobouse no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Implica a modificación do EBEP e introduce dúas medidas que inciden de forma directa e inmediata na oferta pública de emprego (OPE en adiante). Ofertas de emprego de estabilización mediante concurso oposición que … Ler máis

CCOO Ensino demanda desdobramentos e máis profesorado para atallar o crecente número de positivos por COVID nos centros educativos

O sindicato xa advertira ao inicio de curso que era unha temeridade por parte da Consellería reducir a distancia interpersoal de 1,5 metros a 1,2 coa mera intención de recortar profesorado e aumentar as ratios nas aulas.

Na actualidade, con máis dun centenar de aulas pechadas e os preto de 1500 positivos por COVID, a realidade amosa que as medidas adoptadas pola Consellería son insuficientes para seguir loitando contra a pandemia.