CCOO asina o VII Convenio Colectivo

Logo do asinamento do preacordo o pasado mes de abril, CCOO asinou o VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. O novo texto recolle algunhas das demandas expostas por CCOO na súa plataforma reivindicativa así como os acordos sobre rexistro de xornada e saídas que subscribimos no seu momento. As melloras introducidas permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.

Contido, uso e acceso ao expediente do persoal docente funcionario e laboral

ORDE do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). O persoal incluído no ámbito de aplicación desta orde poderá acceder ao seu expediente persoal no enderezo www.edu.xunta.gal/datospersoais para a … Ler máis

Actualización da oferta de formación profesional (FP)

Actualización da información da oferta de formación profesional do sistema educativo de Galicia en ensinanzas sostidas con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para as persoas adultas. Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas … Ler máis