CCOO Ensino e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo de interinos demandan unha xuntanza tanto da comisión de seguimento do acordo como co propio conselleiro para organizar o persoal do vindeiro curso escolar

  • CCOO Ensino, ANPE, UGT SERVIZOS PÚBLICOS E CSIF Ensino, ORGANIZACIÓNS ASINANTES DO ACORDO POLO QUE SE REGULA O ACCESO E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DOCENTE INTERINO E SUBSTITUTO acaban de solicitar unha xuntanza tanto da comisión de seguimento do acordo como co propio conselleiro, para organizar o persoal do vindeiro curso escolar.
  • É preciso para garantir a presencialidade segura en todas as etapas educativas e respectar as medidas de seguridade e saúde. Isto require manter as contratacións formalizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas de educación infantil e primaria.