Conferencia de prensa: As federacións de Ensino de CCOO, ANPE, UGT-Servizos Públicos e CSIF analizan a necesidade da prórroga das medidas de apoio ao ensino pola COVID-19

Mañá martes, día 8 de xuño, estas organizacións sindicais darán unha conferencia de prensa na que analizarán a situación, no relativo a medios humanos e materiais, do eido educativo galego de cara ao vindeiro curso e demandarán a prórroga das medidas de apoio que se puxeron en marcha no actual curso, en especial o referido á contratación de profesorado, pola COVID-19 de cara ao vindeiro curso 2021-2022

Nota informativa respecto da RPT que afecta ao persoal non docente dos centros de ensino

Na xuntanza mantida coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, CCOO ENSINO solicitou a inmediata inclusión na relación de postos de traballo (RPT) de todas as vacantes de nova creación, así como o pagamento dos complementos a aquelas/es traballadoras/es que non están a percibilos e a negociación da reducción das ratios para todo o persoal non docente

Previsión de convocatorias de exercicios para desenvolver en xullo de 2021

Os procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas. As tres sedes poderán ser:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral, s/n – 36540 Silleda

  • LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Avda. dos Deportes, s/n, 27004 Lugo

  • SANTIAGO: Recinto Feiral de Amio. Rúa de Amio s/n. 15890 Santiago