CCOO Ensino esíxelle ao goberno da Xunta que aprobe con carácter de urxencia os orzamentos que inclúen a suba retributiva das empregadas e empregados públicos

Atrasar a aprobación dos orzamentos de Galicia tendo maioría absoluta no Parlamento carece de sentido, polo que o sindicato insta a aprobalos sen demora para que as empregadas e empregados públicos vexamos incrementados os nosos salarios grazas aos acordos que logramos. Cómpre lembrar que as nosas nóminas (tanto no ensino público coma no ensino concertado) veranse incrementadas en 30 € mensuais no complemento específico grazas ao acordo asinado en 2018 por CCOO.