1 de decembro – Día mundial da Loita contra o VIH. Hoxe + que nunca

CCOO reivindica a necesidade de deseñar estratexias de acción que preveñan a discriminación, a desigualdade e a violencia que aínda sofren as persoas con VIH, así como a de garantir en todos os casos unha correcta atención socio-sanitaria.

Especialmente nestes tempos nos que outra pandemia golpea a nosa sociedade non debemos esquecer a todos os que nos dixaron polo VIH e loitar pola desestigmatización e igualdade das persoas con VIH.  

HOXE + QUE NUNCA

 

As organizacións empresariais converten a reunión da Mesa de Negociación do XII Convenio colectivo a nivel estatal para centros de asistencia e educación infantil nun mero trámite

Na reunión celebrada onte co fin de abordar a adaptación das táboas salariais ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), segundo a disposición final cuarta do convenio colectivo, as organizacións empresariais amosaron unha vez máis a súa intransixencia e insensibilidade cara ao conxunto das e dos traballadores e negáronse a negociar unha saída para as táboas que non cumpran a lexislación vixente unha vez que se coñeza o SMI para este 2020.

ver RESUMO