O 80 % da afiliación de CCOO vota a favor do acordo de homologación salarial
A Federación de Ensino de CCOO acaba de realizar unha consulta á súa afiliación para valorar a sinatura do acordo retributivo do profesorado galego, que suporía un incremento mensual de 90 euros. A participación chegou ao 53,71 % da afiliación, da cal un 80,34 % votou a favor de asinar o acordo.
