CCOO Ensino denuncia irregularidades nos tribunais que xulgan o procedemento selectivo na especialidade de Tecnoloxía.

Con data de hoxe os tribunais que xulgan os procedementos selectivos da especialidade de Tecnoloxía, veñen de publicar unha aclaración aos criterios de avaliación publicados antes da realización da parte A da  primeira proba. En realidade esta publicación ven a supor un cambio de criterios de avaliación unha vez realizada a mesma. O tribunal equivócase pretendendo solucionar a inclusión dun … Ler máis

CCOO-Ensino denuncia irregularidades na celebración dos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes de Galicia.

ver infórmaTE As probas, que comezaron a realizarse o día 23 de xuño en diferentes partes da xeografía galega, presentaron nalgúns casos irregularidades que CCOO quere denunciar e que poderían ter sido evitadas de seren aceptadas pola administración as propostas de CCOO feitas na Mesa Sectorial onde se tratou a orde de oposicións. CCOO demandou que se deran instrucións claras … Ler máis

CCOO-Ensino denuncia a improvisación da Consellería ao publicar a sete días de inicio das oposicións unha corrección de erros que modifica as probas nalgunhas especialidades

CCOO-Ensino xa esixira na Mesa Sectorial onde se tratou a orde de oposicións que se revisase o Anexo en que figuraban as especificacións da Parte A da primeira proba, aclarando en que consistían e que se ía valorar nesta parte da proba. CCOO-Ensino  denuncia que a sete días da realización das probas prácticas non se poden modificar as regras do xogo nas especialidades de … Ler máis