CCOO pide incluír ao persoal de apoio e de servizos complementarios de centros públicos na oferta de emprego extraordinaria en educación

 

A Federación de Ensino de CCOO (FECCOO) argumenta que forma parte do sector educativo, que, xunto ao sanitario, é considerado como prioritario para a Oferta Pública de Emprego (OPE), e que, por tanto, debe beneficiarse da eliminación da taxa de reposición e da redución da temporalidade ao 8% como o resto de traballadores e traballadoras do ensino.