Mesa Sectorial docente non universitaria. Xoves 2 de marzo

Nesta mesa, CCOO-Ensino, esixirá unha OPE nde saian todas as prazas estruturais como vimos esixindo nas últimas semanas (ver nova) Tamén se tratará a orde de directores, na que esixiremos garantías para que o profesorado que o desexe poida acceder á dirección dun centro educativo. (ver nova ao respecto)   Ver borrador Orde de Directores Ver orde oposicións 2017 Ver infórmaTE … Ler máis

CCOO denuncia o uso interesado das informacións por parte da administración sobre a OPE deste ano e esixe a súa convocatoria.

Despois das novas que xurdiron na día de onte tras a xuntanza do MECD coas comunidades autónomas na que se comunicou que ao non ter aprobados os Orzamentos do Estado do ano 2017 non se pode facer a convocatoria de oposicións e postos en contacto coa Consellería, esta nos comunica que están a valorar  a situación no ámbito xurídico  e que o transmitiran na mesa sectorial convocada para o xoves día 2.

 

CCOO-Ensino considera que a administración debera buscar unha solución, que está nas súas mans, que permitira a convocatoria dos procesos selectivos aínda que non se tiveran aprobado os Orzamentos do Estado de 2017. e deberá convocar a OPE para este curso.

 

CCOO-Ensino considera que a administración está a xogar cos aspirantes a ditas prazas, emitindo informacións de diverso signo dependendo dos seus intereses usando a convocatoria con caracter publicitario e de autobombo según lle interese.

NEGOCIACIÓN VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINANZA E FORMACIÓN NON REGRADA

Dende CCOO queremos que os traballadores e traballadoras dos Centros de Ensino e Formación Non Regrada sen Concerto nen Subencións formen parte da negociación das súas novas condicións laborais que se plasmarán no VIII Convenio Estatal De Centros De Ensino e Formación Non Regrada.

A través deste formulario podes facernos as túas achegas as cales levaremos a mesa negociadora.

https://docs.google.com/a/galicia.ccoo.es/forms/d/e/1FAIpQLSfYG_EW-yIKi-uEju15rb2eUpmLDcZF7k82Ami7THIxogk72w/viewform

NEGOCIACIÓN X CONVENIO ESTATAL DE CENTROS DE ENSINO PRIVADO DE REXIME XERAL OU ENSINANZA REGRADA SEN NINGUN NIVEL CONCERTADO OU SUBENCIONADO

Dende CCOO queremos que os traballadores e traballadoras dos Centros de Ensino Regrado Privado sen Concerto nen Subencións formen parte da negociación das súas novas condicións laborais que se plasmarán no X Convenio Estatal De Centros De Ensino Privado De Rexime Xeral Ou Ensinanza Regrada Sen Ningun Nivel Concertado Ou Subencionado.

A través deste formulario podes facernos as túas achegas as cales levaremos a mesa negociadora.

https://docs.google.com/a/galicia.ccoo.es