CCOO-Ensino presenta escrito para esixir unha OPE na que se oferten todas as prazas estruturais
Esta mañá CCOO-Ensino ven de presentar un escrito no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no que demanda que se convoque unha xuntanza da Mesa Secorial Docente Non Universitaria, para poder valorar a situación actual na nosa comunidade e negociar unha OPE na que se oferten todos os postos estruturais existentes que permitan a redución da temporalidade no emprego.
