O venres, 7 de novembro de 2025, tivo lugar a xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos na que se tratou o seguinte punto da orde do día:
Proposta de Modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Esta modificación das RPT da Administración xeral e especial da Xunta de Galicia responde ao imperativo legal marcado pola Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte a violencia, e polo tanto dende CCOO non temos nada que obxectar.
A Administración elaborou unha relación de postos de traballo de carácter transversal identificando aqueles postos que comportan un trato repetido, directo e regular e non meramente ocasional con nenos, nenas ou adolescentes para os que o seu desempeño debe acreditarse unha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais recollida na devandita lei. Isto garante que as persoas que ocupen estes postos non teñan condenas por delitos contra a liberdade e indemnidade sexual nin por trata de seres humanos.
