Toda a información da mesa sectorial de empregados e empregadas públicas do 7 de novembro de 2025

O venres 7 de novembro de 2025 tivo lugar a xuntanza da Mesa Sectorial de Empregados Públicos na que se tratou o seguinte punto da orde do día:

Proposta de Modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia do Consello Económico e Social de Galicia (CESGALICIA)

Esta modificación da RPT do CESGALICIA responde á necesidade de completar os procesos de funcionarización de xeito similar ao resto de procesos da Administración. Cómpre, para iso, crear dous postos de traballo como persoal funcionario da Xunta de Galicia.

En CCOO defendemos, como non podía ser doutra maneira, que se respecten os procesos de funcionarización como se fixo noutras entidades. E, por suposto, congratulámonos sempre da creación de postos de traballo.

Rolda aberta de intervencións

A Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal comunica que:

  • CONCURSOS DE TRASLADOS: No mes de novembro publicarase o baremo provisional do concurso de corpos xerais e o das escalas sociais. A continuación, e dependendo do volume de alegacións achegadas, publicaranse os buzóns de postos.
  • CARREIRA PROFESIONAL: Continuarase coas negociacións no mes de novembro.