Toda a información da comisión de persoal do 21 de novembro de 2025

O pasado venres 21 de novembro tivo lugar a Comisión de Persoal Ordinaria cos seguintes puntos na orde do día:

1. Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos.

A pesar de que na última versión do borrador introduciron a promoción interna no proceso selectivo (cunha proporción do 50%), o voto de CCOO foi EN CONTRA porque non aceptaron a nosa principal alegación: que os procesos selectivos para o ingreso na Administración sexan sempre concurso-oposición. Tampouco aceptaron o resto de alegacións de CCOO como a solicitude de ampliar o prazo entre a convocatoria e o primeiro exame así como entre o resto das probas, a substitución da proba teórica de temas ou a incorporación no temario, sempre que sexa posible, de normas de dereito positivo no canto de temas.

2. Proposta de modificación da RPT referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subrupo C2).

O voto de CCOO foi EN CONTRA.

CCOO como xa dixemos nas mesas de negociación, esta RPT é a antítese dos procesos de funcionarización. As persoas integrantes da categoría III-99 está sendo maltratada pola administración á hora de facer a equivalencia funcionarial. Dende CCOO pedimos que a clasificación sexa dende a categoría que sinalan as diversas sentenzas: pedimos a súa inclusión no subgrupo C1.

3. Rolda aberta de intervencións.

  • CCOO denuncia a presencia de funcionarios traballando nun pasillo na EGAP, máis concretamente na Dirección xeral de Administración Local. Non se trata dun feito puntual porque levan mínimo 1 ano nesa situación.
  • Preguntamos cando van entrar en funcionamento as listas de contratación temporal nas categorías do Consorcio, por exemplo, as que saíron en provisional a semana pasada: A2 escala de técnicos facultativos, especialidades educador infantil e C1 escala de axentes técnicos facultativos, especialidade xardín e infancia. E cando teñen previsto abrir as de PSX e xerocultor. A DXEP contestou que están estudando as alegacións recibidas ás listaxes provisionais.
  • Respecto aos concursos:
    • Concurso de traslados de axentes medioambientais: publicarase a adxudicación de postos en decembro de 2025.
    • Gardacostas: está pendente de rematar as tomas de posesión da Lei 20/21.
    • Estatísticos: están analizando as prazas vacantes: son todas de nivel base e na mesma localidade e centro directivo. Están estudando se sacar o concurso o non.
    • Consorcio: están negociando coa Xerencia para que as tomas de posesión teñan a menor incidencia posible tanto para o persoal coma para o servizo.
  • SPIF: a emenda do PP á Lei de Medidas ten como consecuencia a anulación da convocatoria da OPE de 2023, publicadaen agostode2025.A DXEP informa queenxaneiro de 2026 convocarán 228 prazas resultado da suma das 90 da OPE de 2024 e das 138 da OPE de 2025. Coa OPE de 2026, que sairá no primeiro semestre de 2026 incluirán máis prazas ata chegar a 327 prazas, pendentes da OPE de 2023 anulada.
  • Informe do gas radón: publicarase previsiblemente a segunda quincena de decembro de 2025.