O 18 de marzo de 2025 tivo lugar a xuntanza da Comisión de persoal na que se tratou o seguinte punto:
Punto único. Proposta de modificación dos postos ofertados no concurso de Administración Xeral F0424.
A Directora Xeral de emprego público trae, primeiro a mesa sectorial de empregados públicos e posteriormente á comisión de persoal a proposta de retirar unha serie de postos do buzón do concurso da administración xeral. Esta proposta ben dada pola necesidade, por unha banda, de garantir a toma de posesión das persoas con discapacidade intelectual (prazas de AP e de C2) e por outra banda a retirada de postos, a proposta da Consellería de Emprego para poder abordar unha modificación da súa RPT e mellorar os niveis dunha serie de postos.
Os postos propostos pola Consellería son postos do subgrupo A1 nivel 20 e postos do subgrupo C2 nivel 12 que se localizan principalmente nas oficinas de emprego. A xustificación que da a Consellería é que van abordar unha reestruturación das oficinas de emprego para mellorar tanto as condicións de traballo dos empregados e empregadas públicas que prestan os seus servizos nestas oficinas así como as súas retribucións, e que esta modificación non se pode realizar sen que repercuta no desenvolvemento do concurso xeral.
Dende CCOO afrontamos esta proposta realizada tanto pola Consellería de emprego como pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal con responsabilidade e sendo conscientes de que oxalá se dese outro escenario. Pero tamén esiximos á Consellería que nos traia a mesa de negociación a proposta de RPT o antes posible e que esta sexa unha proposta valente e responsable e que afronte dunha vez por todas a problemática das oficinas de emprego e do seu persoal.
O sentido do voto de CCOO foi A FAVOR:
- A favor de que por fin se aborde unha reivindicación que esta organización sindical leva demandando máis dunha década.
- A favor de que dunha vez por todas se entenda por parte dos responsables das diferentes consellerías que teñen responsabilidade tanto en materia de emprego público como da xestión das oficinas de emprego que estas necesitaban unha profunda reestruturación.
- A favor de que non se atrasen, polo feito de querer abordar esa modificación de RPT neste momento o concurso xeral por máis tempo.
- A favor de que non se atrase o concurso para no ter que atrasar tamén a toma de posesión das persoas que superaron os procesos da Lei 20/21.
- A favor de que dunha vez por todas se valore o traballo que desempeñan as empregadas e empregados públicos das oficinas de emprego.
Finalmente, no apartado de rolda de intervencións, a Directora Xeral informa de que o proceso selectivo e funcionarización do persoal coidador dos grupos III-99 e IV-04, que estaba previsto para o 20 de maio pasará a realizarse o día 24 de maio de 2025.
