Máis contas e menos contos
Por desgraza, debemos continuar coa serie de aclaracións sobre as desinformacións intencionadas que se están publicando sobre o Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes. Pero como di o refrán… Quen cala, outorga!
Nesta ocasión toca explicar cales son as cantidades das melloras retributivas e como se reparten entre o profesorado en función das súas características.
SUBAS SALARIAIS POR CORPO DOCENTE
Acordos sobre retribucións asinados por CCOO
- Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes (2023)
- Acordo marco para unha administración do século XXI (2022)
- Acordo para a mellora do emprego público e as condicións de traballo (2018-2020)
- Acordo de homologación retributiva do 18 de xullo de 2018