Preguntas e respostas sobre o paso a PES do PTFP

Si. Incluídos os das dez especialidades que quedan no corpo de especialistas en sectores singulares da FP.

Calquera grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica. Ademais, serve calquera destas titulacións independentemente da especialidade.

Desde a entrada en vigor da LOMLOE o 19 de xaneiro de 2021 ou desde a data en que cumpras os requisitos de titulación e de ingreso no corpo como funcionario de carreira, se esta é posterior.

Desgraciadamente, o Ministerio non puxo un prazo fixo ás CCAA para a publicación das convocatorias, a pesar da emenda de CCOO de que fixaran un mes. Teremos que facer presión para que as saquen xa e ao mesmo tempo.

Na da Administración educativa onde teñas destino definitivo ou esteas en expectativa de destino.

Ou en situación de servizo activo ou nalgunha das situacións establecidas no artigo 12: servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero e excedencia por razón de violencia terrorista, na convocatoria que efectúe a Administración educativa onde tiveras o teu último destino en servizo activo.

As baixas e permisos son situación de servizo activo.

Simplemente, a solicitude e a titulación.

Si. Logo da convocatoria inicial, haberá un prazo continuado aberto ata o 19 de xaneiro de 2026. Neste caso non hai efectos retroactivos.

Non. A especialidade segue sendo a mesma aínda que estea enmarcada noutro corpo.

Quedan no corpo para extinguir de PTFP.

A partir de agora, contrataráseche como profesor/a de secundaria desde a lista de interinidade, pero sen o efecto retroactivo desde o 19 de xaneiro de 2021. Esta ausencia de efecto retroactivo supón unha discriminación contraria á normativa europea, que CCOO recorrerá.

CCOO vai reclamar o efecto retroactivo completo para os colectivos que quedan fóra: interinos/as, prácticas, xubilados/as e situacións administrativas non recollidas no artigo 12. É unha discriminación recorrible xudicialmente.

Non. Poderás presentala no momento de adquirires a condición de funcionario/a de carreira se é antes do 19 de xaneiro de 2026. Isto tamén supón unha discriminación contraria á normativa europea, que CCOO recorrerá. 
 

As 19 especialidades que pasan a secundaria inclúense no anexo V do RD de ingreso e, por tanto, admítese a titulación de diplomatura, enxeñaría técnica e arquitectura técnica (requisito de titulación xeral para o corpo de PTFP antes desta modificación).

As dez especialidades que quedan no corpo de especialista en sectores singulares da FP están incluídas no anexo VI do RD de ingreso e pode presentarse quen teña titulacións de técnico/a especialista ou técnico/a superior.
 

A regulación das listas de interinidade e dos seus requisitos son de competencia autonómica e non teñen por que cambiar.

 

CCOO presentará os recursos oportunos e realizará as campañas de reclamacións e recursos individuais pertinentes en relación cos elementos discriminatorios da norma.

Ademais, CCOO reivindica un complemento de equiparación salarial para o profesorado que non cumpra cos requisitos do paso ao corpo de secundaria.

Contacta con CCOO e afíliate