Despois de solicitar unha xuntanza urxente ao inicio do curso escolar por fin nos recibe o Conselleiro de Educación. No día de onte, trasladamos directamente ao Conselleiro a necesidade de establecer un calendario de negociación dos temas que nos parecen máis importantes para as traballadoras:
- Baixada de ratios: a baixada da natalidade debe posibilitar abordar este tema de vital importancia para o profesorado. Propomos unha planificación progresiva comezando por reducir as ratios nas aulas nas que se escolarice alumnado con NEAE ou repetidor que debe contar doble. Na mesma medida a recuperación do acordo de agrupamentos adiado e que que tería incidencia case exclusivamente na escola rural.
- Reducción do horario lectivo: planificar de forma progresiva a volta ás 18-21 horas. Imprescindible para poder realizar funcións de coordinación e dinamización no resto do horario. Enmarcamos nesta demanda o horario para desenvolver a figura do coordinador de benestar.
- Recuperación do período de adaptación en EI de 3 anos.
- Negociación dos ROC
- Actualización do acordo de interinos unha vez rematado o proceso de estabilización, mantendo a estabilidade de listas.
- Adscrición ou integración na Universidade das ensinanzas artísticas superiores.
- Negociar novas ratios para o persoal laboral e funcionario de cociña, limpeza, … pois as actuais ratios son de hai máis de 30 anos.
- Elaborar un catálogo de postos de traballo que poidan desenvolver aquelas traballadoras e traballadores que teñan restricións por problemas de saúde ou incapacidade.
- Retirar da lei de orzamentos a clausula que limita a formalización de acordos coas traballadoras e traballadores do ensino concertado.
- Negociar un acordo de mantemento de emprego para o persoal de centros concertados.
- Reclamamos que aplique a LOMLOE de xeito que non se financie aos centros que segregan alumnado por sexo nin se renoven as concesións.
A Consellería estudará as nosas propostas mais non se comprometeron específicamente a nada. Agardamos pronta resposta e solucións efectivas aos problemas trasladados.

