Prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Setembro 2025

O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 ao 30 de setembro, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED020A).

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en Datos persoais, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As titulacións que son requisito para cada especialidade pódense consultar no Anexo do Real Decreto 1594/2011 de especialidades.