Resolución definitiva de solicitudes
Publicada o 24 de xuño de 2025
Comunícase a imposibilidade de levar a cabo as actividades que se nomean a continuación, debido a que estes lotes resultaron desertos no procedemento de licitación pública:
• 7 – PIALE Integración en lingua francesa para profesorado especialista de francés e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e EOI
• 15 – PIALE. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Ao cancelarse estas actividades, o profesorado redistribúese noutras actividades segundo as súas peticións.
MODALIDADE CURSOS: As empresas adxudicatarias contactarán esta semana coas persoas admitidas para a organización das estadías.
MODALIDADE INTEGRACIÓN: As empresas adxudicatarias contactarán coas persoas admitidas.
A data estimada para integración Canadá será do 18 de outubro ao 1 de novembro.
A data estimada para Integración Portugal será do 9 ao 22 de novembro.
Resolución provisional de solicitudes
Publicada o 30 de abril de 2025
Prazo para reclamacións ou renuncias
Ata o 8 de maio, incluído.
Prazo de participación
Do 3 ao 21 de marzo, ambos incluídos.



