MUFACE publica hoxe as novas condicións relativas ao expediente de licitación do seu concerto de asistencia sanitaria durante os anos 2025, 2026 e 2027.
Ábrese polo tanto un novo prazo para que as entidades aseguradoras presenten as súas ofertas, que rematará o 4 de marzo ás 23:59 horas.
Todos os mutualistas de MUFACE, tanto os titulares como os beneficiarios, continuarán recibindo a mesma asistencia sanitaria que gozan coas condicións actuais, en virtude das ordes de continuidade do servizo.
👇 Consulta toda a información actualizada na web de CCOO Ensino:
🔗 https://ccooensino.gal/a-crise-de-muface-o-que-precisas-saber/

