- As persoas interesadas poderán formular alegacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no prazo comprendido entre o día 14 e o día 16 de novembro de 2018, ambos incluídos, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
As alegacións poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e deberán remitirse tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.es no caso de alegacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional na lista correspondente ao profesorado de relixión de primaria, especialidade de relixión evanxélica (704102) e ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es no caso de alegacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional da lista correspondente ao profesorado de relixión de secundaria, especialidade de relixión evanxélica (702403)
Resolución de 25 de abril de 2018