CCOO-ensino vén de presentar aos grupos parlamentares de PSdG-PSOE e En Marea, as candidaturas do sindicato para as catro provincias das eleccións sindicais do ensino público que se celebrarán o 4 de decembro.
CCOO-ensino leva amplas candidaturas en todas as provincias, destacando que están encabezadas todas elas por mulleres.
No tocante ao falado cos partidos políticos, CCOO-ensino explicou e demanda dotación orzamentaria suficiente para abordar os seguinte:
- Recuperación da xornada lectiva a 21 horas en primaria e a 18 en secundaria, consonte ao Acordo de Xornada asinado por CCOO. Seguir avanzando en reducións da xornada lectiva.
- Activación do acordo de agrupamentos, homologándose en todo o territorio galego as mesmas ratios nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, na liña do establecido no citado acordo.
- Computación dobre dos repetidores.
- Incremento da dotación económica para o funcionamento dos centros.
- Pagamento do verán ao persoal substituto con contrato de máis de 5 meses e medio tal e como está no Acordo de acceso a listas asinado por CCOO.
- Incorporación de persoal de novos perfís profesionais (educadores, persoal para o mantemento de equipos informáticos, traballadores sociais …), que non realizará tarefas docentes e que atenderá o alumnado con problemas de integración social dando resposta ás novas necesidades socioeducativas.
- Establecemento de protocolos do tratamento dos residuos dun modo sostible e compatible coa defensa do medio ambiente.
- NOMES E FOTOS DA CANDIDATURA DA PROVINCIA DE A CORUÑA
- NOMES E FOTOS DA CANDIDATURA DA PROVINCIA DE LUGO
- NOMES E FOTOS DA CANDIDATURA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
- NOMES E FOTOS DA CANDIDATURA DA PROVINCIA DE OURENSE
A recepción a estas demandas por parte de PSdG e En Marea foi positiva, como vén sendo habitual nas xuntanzas bilaterais mantidas.
CCOO-ensino, seguirá traballando e negociando cos partidos políticos, para mellorar as nosas condicións laborais cumprindo así co programa electoral de cara aos vindeiros catro anos.