CCOO-Ensino dálle a benvida a Carmen Pomar na súa nova responsabilidade como Conselleira e congratúlase da primeira xunt
O sindicato quería trasladar de primeira man as necesidades e demandas que as traballadoras e traballadores da Consellería de Educación veñen trasladando nos últimos tempos así como manifestarlle a importancia de recuperar a negociación colectiva no sector.
Para CCOO-Ensino é imprescindible recuperar as condicións perdidas coa escusa da crise. Neste sentido, consideramos necesario recuperar os acordos que están suspendidos tales como o acordo de ratios dos agrupamentos de alumnado de diferente nivel, a volta ao horario lectivo de 21 horas no corpo de mestres e 18 para os corpos que imparten na secundaria, o pagamento do verán ao persoal substituto, a suspensión do artigo 19 do V Convenio do Persoal Laboral, o acordo de recolocación de privada …
Tamén trasladamos a necesidade de negociar uns novos Regulamento
É imprescindible un profundo cambio nas políticas educativas da Xunta de Galicia.
Quedamos á espera do estudo deste temas por parte da nova titular da Consellería e agardamos unha pronta resposta que nos permita iniciar un proceso real de negociación nestes temas que consideramos de suma importancia.