A Consellería de Educación mantén a imposición unilateral e sen modificacións do protocolo para a adaptación dos centros educativos galegos para afrontar a covid-19 no curso 2020/21, co que entendemos está a cometer unha irresponsabilidade. Négase a Xunta de Galicia a aplicar as condicións de distanciamento físico entre alumnado fixadas por entidades internacionais pondo en risco a saúde de todo o persoal dos centros educativos, especialmente o máis vulnerable.
Ademais disto vémonos na obriga de denunciar outras carencias:
- Non existe unha avaliación de riscos de todos os centros educativos realizada polo servizo de prevención e profesionais con competencia sanitaria.
- Non se tomaron as medidas oportunas para garantir o dereito á educación en igualdade de condicións no caso de ter que recorrer a modelos de educación a distancia, ben sexa de carácter temporal ou permanente, total ou parcial.
- Trasladan as competencias que corresponden á propia administración ou mesmo a servizos técnicos (prevención de riscos, servizos médicos ….) aos equipos directivos, incrementando a súa carga de traballo e obrigándoos a asumir responsabilidades que non corresponden á función directiva.
Nestes momentos as organizacións sindicais entendemos como imprescindible un compromiso da Xunta de Galicia de incrementar as medidas de seguridade e distanciamento físico fronte ao coronavirus coa conseguinte redución de rateos, o incremento de persoal docente e non docente, así como unha auténtica negociación do protocolo para podermos ofrecer unha educación presencial coas máximas garantías e unha alternativa de teledocencia con todos os dereitos laborais e de participación do profesorado, do persoal non docente e do alumnado.
Temos claro que o risco cero non existe, pero a volta á escola debe ser nunha contorna da maior seguridade posible para toda a comunidade educativa.
Velaquí tedes o blogue creado como soporte destas mobilizacións no que poderedes ler o manifesto do que destacamos os seguintes puntos
Solicitamos especial colaboración coa resolución para Claustros e Consellos Escolares nestes primeiros días de curso ao considerar necesario un debate e posicionamento nos nosos centros sobre a situación incerta e preocupante provocada pola decisión da Consellaría de manter o protocolo actual.
CONCENTRACIÓNS DIARIAS EN TODOS OS CENTROS
Propoñemos que todo o profesorado así como o persoal non docente se concentre cada día a partir do 1 de setembro ás portas dos nosos centros educativos polas mañás no horario que cada centro considere para amosar o noso rexeitamento ao protocolo e a demanda da rectificación da Consellería.
Aquí podedes descargar material para imprimir directamente desde o blogue e compartilo nas redes sociais. Podedes enviar tamén as fotos ao correo escolacontracovid@gmail.com para poder centralizalas todas.
Por un ensino presencial con seguridade, movámonos contra o protocolo. #EscolaContraCovid
CRITERIOS QUE DEBE TER EN CONTA A ADMINISTRACIÓN NO INICIO DO CURSO
-
Debe indicarse que a distancia física entre cada alumno ou alumna na súa aula sexa igual ou superior a 1,5 metros en todas as direccións. A partir desta separación física deben adaptarse as ratios de cada aula, figurando como ratio preferente 15 alumnos e, como máximo, 20 por aula.
-
Deben aumentar os cadros de persoal para poder dar resposta á ampliación de aulas e a correcta e segura atención ao noso alumnado.
-
Os cadros de persoal deben garantir unha resposta áxil e adecuada a todas as tarefas educa- tivas e de xestión que é necesario afrontar así como á eventual necesidade de simultanear ensino presencial e a distancia. As incidencias por ausencia puntual de profesorado poden facer inviábel a atención ao alumnado, polo que se debe regular por parte da Consellaría en que condicións se debe ou pode decretar o peche total ou parcial dun centro.
-
As condicións do traballo a distancia deben ser obxecto de negociación e calquera modifica- ción ou adaptación de horarios debe contar con respaldo dunha norma legal da propia Consellaría de Educación, negociada previamente na Mesa Sectorial.
-
Debe existir unha avaliación de riscos derivados da COVID-19 en cada centro educativo e adaptada ás características propias do centro, tanto polos niveis educativos que se imparten como polas instalacións, etc. Esta avaliación debe ser realizada polo servizo de prevención e non por profesorado.
-
A xestión das solicitudes de vulnerabilidade non pode diferir das aprobadas no protocolo de incorporación parcial do profesorado de Bacharelato e FP a finais do pasado curso escolar. Considerar a vulnerabilidade dun xeito diferente e o dereito do persoal dun centro a permanecer na súa casa, teletraballando se é posíbel, non pode estar condicionado por unha cita electoral e polos intereses do partido que sustenta ao goberno. As condicións de antes do 12 de xullo deben ser as mesmas agora. Todo o persoal que forme parte dun grupo de risco ou teña a obriga da custodia dun fillo ou filla menor ou dunha persoa maior dependente e así o solicite debe ter dereito a non se incorporar e a colaborar, sempre que sexa posíbel na teledocencia, apoio educativo ou naquelas tarefas que lle sexan encomendadas.
-
A administración non pode delegar a súa responsabilidade no profesorado en xeral e nas equipas directivas ou nas denominadas “equipas covid” en particular. Todas as actuacións deben estar previamente autorizadas e revisadas polas administracións educativas e sanitarias. Neste sentido, é necesario contar con persoal sanitario de referencia nos propios centros educativos.
-
A atención á diversidade debe xogar un papel central nos esforzos que a administración pres- te para evitar que, novamente, o alumnado con necesidades especiais e de apoio específico sexa dobremente prexudicado, tanto na modalidade presencial como se é preciso na teledocencia.
-
Debe garantirse orzamentariamente a equidade no acceso á teledocencia parcial ou total mediante a posta a disposición de alumnado e profesorado que o precise de todos os medios necesarios.
-
Debe existir un incremento orzamentario especial coronavirus en todos os centros, sen que a xestión da crise sanitaria vaia en detrimento das xa escasas capacidades dos centros. O subministro de material de protección e hixiene debe ser responsabilidade da Consellaría, con compra centralizada e con garantía do seu uso gratuíto para todo o alumnado e persoal do centro. O uso da máscara con carácter xeneralizado implica unha obriga para acceder ao centros mais o uso continuado nos centros e os gastos derivados deste deben ser sostidos pola Xunta.
-
Non podemos pasar dun curso marcado polo confinamento físico a outro lastrado polo confinamento pedagóxico. As normas de actuación fronte á COVID-19 deben ter en conta un modelo educativo aberto e participativo, fóra de rixideces e condicións que desnaturalizan e fan perder todo o sentido a décadas de innovación pedagóxica.
-
A xestión de limpeza e desinfección de aulas e espazos comúns non pode recaer no alumna- do nin no profesorado. Para poder afrontar con seriedade un dos elementos fundamentais de prevención fronte aos contaxios debe contarse con suficiente persoal e con todas as garantías laborais e sanitarias.
-
As limitacións derivadas da distancia física no transporte escolar ou nos comedores así como en actividades extraescolares ou programas de atención previa ao inicio da actividade lectiva, non poden implicar ningunha discriminación entre o alumnado. Atender a todas as necesida- des derivadas da xestión contra a covid nestres servizos debe conlevar a contratación de máis persoal.
-
O uso xeral de máscaras por parte do alumnado e do profesorado, con independencia da de- cisión que finalmente se adopte sobre idades, etc.., debe contar expresamente coas necesa- rias excepcións, en función da decisión que o profesorado adopte para aquelas materias ou actuacións educativas que fagan imprescindíbel interactuar sen máscaras. Esa excepcionalidade tamén se debe regular, como se fai con carácter xeral, para persoas con insuficiencias respiratorias con previo informe médico.
-
Deben tomarse medias preventivas en materia de saúde laboral para evitar os problemas foniátricos que poidan derivarse do uso intensivo das máscaras.





