Erro nos horarios lectivos do profesorado que está dando docencia nos contratos-programa

Desde CCOO ensino vimos de poñernos  en contacto coa Dirección Xeral de Educación, FP  e Innovación Eduativa, polas instrucións enviadas sobre os contratos-programa 2019/2020. 

Estas instrucións contiñan un erro sobre o horario lectivo dos docentes destos programas, indicando unha xornada de 14 horas, cando ao tratarse dun contrato a media xornada, as horas lectivas son 12.

Namentres esta Dirección Xeral non envíe novas instrucións correxindo esta cuestión, chamamos ao persoal docente contratado, a que revise o seu horario, non podendo superar esas 12 horas e no caso de ser preciso, que se poñan en contacto con nós para realizar a pertinente reclamación.