Nunha carta remitida hoxe á nova Ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, CCOO esíxelle o cumplimento inmediato dos incrementos retributivos acordados. Deste xeito o sindicato reclama que a subida salarial se faga efectiva a través de Real Decreto Ley con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro para que se poida ver reflexada xa na vindeira nómina.
CCOO tamén lembrou á ministra outras cuestións pendentes que hai que abordar o máis axiña posible:
- O impulso das ofertas de emprego público e dos procesos de estabilización e consolidación.
- O relanzamento do diálogo social e a negociación para abordar os plans de carreira profesional, a eliminación da taxa de reposición para a recuperación de emprego e os plans de igualdade.
- O establecemento dun calendario de traballo para un novo acordo de mellora económica e laboral para as empregadas e empregados públicos.
- O traballo específico para un III Acordo para a Mellora do Emprego Público e as Condicións de Traballo que reforme o Estatuto Básico do Empregado Público ( EBEP), clasificación profesional e culminación da disposición transitoria terceira.