Xa está en marcha definitivamente a posibilidade de recuperar as cotizacións como bolseiro/a e durante as prácticas.
Ante as dúbidas que nos foron chegando nestas últimas semanas, sobre a subscrición dos convenios individuais especiais coa Seguridade Social para a recuperación da cotización dos períodos de traballo en prácticas e como bolseiros, queremos aclarar o seguinte:
O convenio especial poderá ser subscrito por tres tipos de persoas:
- Alumnos/as de prácticas formativas e de prácticas académicas externas:
- Universitarios, tanto para a obtención de titulacións oficiais de grao, máster e doutoramento, como para a obtención de títulos propios das universidades, xa sexa un máster de formación permanente, un diploma de especialización ou un diploma de experto.
- Universitarios que realizaran prácticas académicas externas retribuídas afectados por la anulación del Real Decreto 1707/2011, efectuada pola Sentenza da Sala Terceira do Tribunal Supremo de 28 de maio de 2013.
- De formación profesional, salvo cando as prácticas se levaran a cabo no réxime de formación profesional intensiva.
- De ensinanzas artísticas superiores, ensinanzas artísticas profesionais e ensinanzas deportivas do sistema educativo.
- Bolseiros/as participantes en programas de formación non dirixidos á obtención dun título, foran ou non de natureza investigadora.
- Doutorandos/as participantes en programas de formación de natureza investigadora, tanto en España como no estranxeiro.
Foi a insistencia de CCOO ante o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a que forzou a publicación da Orde ISM/386/2024, de 29 de abril, que regulaba inicialmente a través deses Convenios Especiais a recuperación de períodos cotizados asociados ás prácticas formativas (bolsas). Dende o primeiro momento, unha vez publicada esa Orde, CCOO manifestou a súa desconformidade co texto da mesma, xa que as condicións económicas dos novos convenios, que non foran obxecto de negociación, facían materialmente imposible a súa subscrición.
Ante as nosas reclamacións, ás que se sumaron tamén outras organizacións, abriuse un novo proceso de negociación co Ministerio para modificar a Orde ISM/386/2024 e que vólvese ao esquema de financiamento que xa se pactara no Primeiro Convenio no ano 2011.
En concreto, as melloras son a utilización das bases de cotización dos períodos nos que se desenvolveu a práctica formativa e a posibilidade de solicitar o pago fraccionado das cotas ata un máximo de 7 anos (84 cotas mensuais). Tamén está previsto que a Tesourería Xeral da Seguridade Social-TXSS adapte de oficio a base de cotización de todos os convenios que se solicitaran previamente.
Aportamos a continuación o enlace a un interesante documento explicativo elaborado por CCOO sobre esta materia, así como a nova Orde ISM/812/2024 e o enlace á propia web da TXSS para la subscrición ao convenio:
- Resume explicativo elaborado por CCOO no que se abordan as condicións e solicitude do Convenio Especial coa TXSS.
- Nova Orde ISM/812/2024 que modifica a Orde ISM/386/2024.
- Enlace web á TXSS para a suscripción do Convenio (para subscribirse desplegar o apartado “Forma y plazo de solicitud”, pinchar “Trámites y Gestiones” e entrar en Alta, baja o variación de datos del convenio especial).