CCOO-ensino, de xeito responsable, e tras o estudo correspondente ás cantidades retributivas do resto de CCAA, valorou na mesa celebrada hoxe a cantidade necesaria para a homologación en 115€. Esta cantidade permite acadaar unha posición análoga ás acadadas cos acordos dos anos 2003 e 2006.
Pola súa parte a Consellería, elevou a súa oferta aos 65€ mensuais, cunha calendarización que levaría a rematar o acordo en xaneiro de 2021.
CCOO-Ensino considera totalmente insuficiente esta oferta, así como a súa calendarización.
O posicionamento das restantes organizacións sindicais, practicamente inmobilistas das súas posicións inicias, impediu continuar a negociación que quedou adiada para o vindeiro venres 1 de xuño.