CCOO-ENSINO demanda o pagamento inmediato do verán aos substitutxs con máis de cinco meses e medio de servizos prestados.

CCOO-ENSINO ven de presentar no rexistro un escrito demandando o pagamento inmediato do verán aos substitutxs con máis de cinco meses e medio de servizos prestados tal e como se recolle no punto decimo octavo do Acordo de 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso ás listas de interinidades e substitucións.