Na xuntanza mantida o 7 de abril, a comisión negociadora do convenio colectivo de centros especiais de emprego de Galicia aprobou o protocolo de actuación fronte ao acoso e á violencia contra persoas LGTBIQA+.

No marco do Real decreto 1026/2024 e conforme o establecido no anexo I publicado no BOE, faise imprescindible a implantación de medidas que aseguren a igualdade real e a non-discriminación das persoas LGTBIQA+ nas empresas. Conscientes da necesidade de establecer contornos laborais inclusivos e respectuosos, tanto a parte empresarial como a parte social presentaron propostas específicas para abordar os seguintes ámbitos:
- Igualdade de trato e non-discriminación
- Acceso ao emprego
- Clasificación e promoción profesional
- Formación, sensibilización e linguaxe
- Contornas laborais diversas, seguras e inclusivas
- Permisos e beneficios sociais
- Réxime disciplinario

