O profesorado galego esta chamado á folga o 12 de decembro pola recuperación do horario lectivo.

Tras as mobilizacións do profesorado galego o pasado 21 de novembro e calada por resposta da consellería ás súas reivindicacións, CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no ensino público chaman ao profesorado galego a secundar a folga convocada para o vindeiro 12 de decembro e a acudir á manifestación convocada en Compostela ese día ás 12 horas.

NON QUEREMOS TRABALLAR MENOS, QUEREMOS TRABALLAR MELLOR!!

RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO, XA!!!

SON HORAS, SON DEREITOS

‌ ver CARTAZ

‌ ver COMUNICACIÓN DA FOLGA

‌ ver XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN

 

Apertura de listas de interinidades e substitucións nos corpos de PES,PTFP e de Profesorado de EOI

CORPO DE PES : debuxo (590009), alemán (590012) e organización e proxectos sistemas enerxéticos (590113)

CORPO de PTFP: cociña e pastelaría (591201) e soldadura (591228).

‌ Ver Convocatoria

CORPO de Profesorado de EOI : alemán (592001), chinés (592004), italiano (592012) e xaponés (592013)

‌ ver Convocatoria

 ‌ PRAZO : ata o 28 de novembro

CCOO-Ensino chama a concentrarse o xoves 21, ás 19:30 h, nas sete grandes vilas pola recuperación do horario lectivo do profesorado galego

CCOO-Ensino e as outras organizacións con representación no ensino público chaman unitariamente a concentrarse nas sete grandes cidades pola recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 horas en secundaria, logo da negativa da Consellería a abrir as negociacións para recuperalos. Por un traballo mellor. Non queremos traballar menos, queremos traballar mellor. Son horas, son dereitos!

‌ ver CARTAZ coas concentracións

CCOO-Ensino concéntrase diante da Consellería pola recuperación do horario lectivo do profesorado galego

As delegadas de CCOO-Ensino e das outras organizacións con representación no ensino público manifestáronse unitariamente hoxe diante da Consellería, pola recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 horas en secundaria, logo da negativa da Consellería a abrir as negociacións para recuperalos. Por un traballo mellor. Non queremos traballar menos, queremos traballar mellor  

CCOO denuncia a utilización electoralista dos menores estranxeiros non acompañados

Diante das declaracións realizadas por algúns representantes políticos, CCOO considera que é inadmisible nun Estado de Dereito articular un discurso electoralista e un argumentario político contrario aos dereitos humanos, convencións internacionais e lexislación española,  estigmatizando aos menores estranxeiros –nenos e nenas– en situación de desamparo protexidos por institucións públicas en España.