O 12 de decembro mobilízate pola recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas

‌ MANIFESTO POLA RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO

Recuperemos os nosos horarios lectivos, coa intención de mellorar a calidade do ensino público. Facelo é de xustiza. Conseguilo vai ser o noso obxectivo. Aplicalo será unha clara mellora para todas e todos nós como docentes mais para o ensino público en xeral. É hora de que a Consellaría de Educación escoite a nosa voz, a voz dun profesorado unido para defender os nosos dereitos e o ensino público galego. Precisamos de todas e cada un.

‌ ver VÍDEO

POLO ENSINO PÚBLICO

POLOS DEREITOS DO PROFESORADO

POLA RECUPERACIÓN DO NOSO HORARIO LECTIVO

O 12 DE DECEMBRO TODAS, TODOS E TODES Á FOLGA!!!

A Xunta de Galicia despreza un ano mais aos representantes do profesorado ao anunciar aos medios a oferta de emprego público para o vindeiro ano sen negociación previa

Como ven sendo costume todos estes anos, o presidente da Xunta anuncia a oferta de emprego público (prazas e especialidades) aos medios antes que aos representantes legais do profesorado nunha nova mostra de desprezo por estes.

CCOO_Ensino como asinante do Acordo de Emprego Público en Galicia levaba meses demandando a xuntanza da comisión de seguimento de dito Acordo para valorar o número de prazas que era necesario ofertar e as especialidades necesarias para acadar os obxectivos marcados no Acordo e a negociación posterior na Mesa Sectorial.

‌ VER INFÓRMATE

‌ VER RESUMO E CADRO ESPECIALIDADES FACILITADO NO CONSELLO DA XUNTA