Seguimos ao teu carón!
Novos tempos, pero o mesmo traballo
Gardamos as distancias, pero seguimos ao teu carón
Novos tempos, pero o mesmo traballo
Gardamos as distancias, pero seguimos ao teu carón
ANDAINA XUVENIL
O próximo domingo 11 de outubro ás 11:00 da mañá terá lugar unha marcha de moz@s de secundaria e ciclos formativos para reivindicar a continuidade da producción na Fábrica e en apoio ós traballadores/as de ALCOA.
Preme para acceder ao DOG coa resolución. PERÍODO DE RECLAMACIÓNS, 10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO VENRES 9 DE OUTUBRO
A crise da COVID-19 esixiu ao persoal docente moita creatividade, innovación e colaboración. Neste contexto, o seu liderado é fundamental dado o enorme impacto que poden ter na vida dos seus estudantes. Por iso, este ano as conmemoracións do Día Mundial das e dos Docentes están dedicadas a recoñecer o seu inestimable esforzo e traballo para brindar unha resposta educativa durante a pandemia.
Publicado no BOE o Real Decreto Lei 31/2020, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria no que se implementan medidas como as referidas á contratación de profesorado en secundaria sen o requisito do mestrado e outras medidas para a promoción a adaptación dos curriculos nas diversas etapas.
A sala do Social do TSXG ven de ditar sentenza recoñecendo este dereito e afirmando que a USC vulnerou os dereitos de negociación colectiva e liberdade sindical e da un prazo de 30 días para negociar as contías definitivas.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións no corpo de PES, Francés no portal da Consellería ( https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas ).
Prazo de reclamacións: ata o 7 de outubro
A FECCOO demandou a apertura de negociacións para resolver as diversas problemáticas que está a padecer neste curso o ensino.
CCOO-ensino demanda á Consellería diálogo para resolver as incidencias do inicio de curso e tratar as medidas necesarias para un desenvolvemento acaído e con seguridade do curso 2020-21.