CCOO Ensino reúnese co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para esixir a modificación do concurso xeral de traslados

Hoxe, venres 12 de maio, reunímonos co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentámoslle un documento demandando que a Consellería se coordine co Ministerio para establecer unha regulamentación transitoria para o concurso xeral de traslados. Esta regulamentación debe garantir a participación do profesorado que supere o proceso selectivo por concurso extraordinario de méritos en igualdade de condicións cos outros colectivos … Ler máis

Concurso de méritos extraordinario: publicado o baremo definitivo da convocatoria do Ministerio

ACTUALIZACIÓN [11/05/2023 20:45] Publicado o baremo definitivo. Hoxe 11 de maio de 2023 publicouse o baremo definitivo corrixido das convocatorias do Concurso de méritos extraordinario das administracións educativas asinantes do acordo da conferencia sectorial de educación. Os listados ordénanse por corpo, especialidade, turno de ingreso e, no seu caso, idioma. Observacións: 2. Profesores de Escolas de Idiomas (592)  3. Catedráticos de Música e Artes … Ler máis

CCOO Ensino reafírmase como primeira forza nas eleccións sindicais do Sistema Universitario de Galicia

‌Infórmate dos resultados provisionais detallados A falta de coñecerse os resultados definitivos, CCOO Ensino mellora resultados nas eleccións sindicais das tres universidades galegas. Aumentamos o número de delegadas e delegados no conxunto de PDI e PAS, renovando unha vez máis a nosa posición como forza sindical con máis representatividade no conxunto do Sistema Universitario de Galicia. Queremos agradecer a todas … Ler máis

Publicado no DOG o texto refundido do Acordo de acceso ás listas de interinidade

‌ Texto refundido do Acordo de interinos/as (DOG) O Acordo de Interinos/as foi asinado en 1995 por todas as organización sindicais da Mesa Sectorial agás a CIG, e foi modificado en varias ocasións. A modificación actual, que dá lugar ao novo texto refundido, vén motivada pola adaptación ao novo marco lexislativo laboral (Real decreto lei 32/2021), á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes … Ler máis

Toda a información da Comisión de persoal ordinaria do 9 de maio de 2023 (PSEC)

‌ infórmaTE Na reunión da Comisión de Persoal Ordinaria do 9 de maio de 2023 tratáronse varios puntos importantes. Dende CCOO votamos a favor da proposta de lei de igualdade e da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade debido á necesidade de reforzar o servizo público. Sen embargo, votamos en contra da proposta … Ler máis

Fondo de Acción Social: axudas de carácter social

Publicado hoxe no DOG a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2022, relativa á axuda para a atención de persoas con discapacidade.  A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm.  Prazo: presentarase dentro do prazo dos dez días … Ler máis

CCOO rexeita a división do convenio colectivo e reivindica melloras no sector de asistencia e educación infantil

infórmaTE en PDF Na reunión da Mesa Negociadora do XIII Convenio Colectivo de centros de asistencia e educación infantil do 27 de abri de 2023, CCOO rexeitou a proposta de dividir o convenio en dous e presentamos as nosas principais reivindicacións en materia de xornada laboral, permisos, réxime disciplinario, vacacións e incapacidade temporal. Entre outras, solicitamos a redución da xornada semanal e anual … Ler máis