Ensino Público
Listaxe provisional de admitidos e excluídos no concurso oposición para o acceso ao corpo de IE, PES, profesores de EOI e profesores de APD, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de FP e corpo de mestres
Contra a lista provisoria o persoal interesado poderán formular por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días hábiles
Continuación da mesa sectorial: Orde calendario escolar
CCOO demanda un debate sobre os tempos escolares organizado en trimestres cunha duración similar. Debe ser un debate global xa que en España somos un dos países nos que o alumnado ten máis horas lectivas. O foro do mesmo, debera ser no sentido no que estén representados todos os membros de toda a comunidade educativa como por exemplo o Consello Escolar.
Mesa sectorial martes 13 de abril
Novidades da OPE 2021: proposta de 1604 prazas
A Consellería acaba de remitirnos a proposta de oferta de emprego público de 2021 (proceso selectivo que se celebrará no 2022) desagregada por corpos para a mesa sectorial do vindeiro martes.
A Consellería denega Licenzas por asuntos propios e Redución de xornada en certas especialidades de Secundaria
CCOO ensino denuncia que tamén se están a denegar nas especialidades de Orientación, PT e Francés no corpo de mestres. Esiximos á Consellería que analicen caso a caso ao fin de poder concedelas e non as deneguen de xeito rotundo.
