Ensino Público
CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no Ensino esixen antes do inicio da Mesa Sectorial de hoxe a recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas
Con motivo da celebración da Mesa Sectorial de hoxe, CCOO e o resto de OOSS con presenza na mesma volven a esixir a administración a recuperación do horario lectivo de 21 horas en primaria e 18 horas en secundaria, continuando coas reivindicacións iniciadas desde o inicio de curso e que culminaron na folga do pasado 12 de decembro, e denuncian a falta de negociación da administración educativa galega
Apertura de listas de interinidades e substitucións no corpo de Mestres
Prazo de Solicitudes : ata o 3 de febreiro
Especialidades : Francés (597033) e Inglés (597032)
CCOO Ensino urxe ao Goberno a que aprobe sen dilación a subida salarial para as empregadas e empregados públicos
Desde o sindicato esperan que o Executivo asegure de forma inmediata o cumprimento dos compromisos adquiridos
Erro nos horarios lectivos do profesorado que está dando docencia nos contratos-programa
Desde CCOO ensino vimos de poñernos en contacto coa Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Eduativa, polas instrucións enviadas sobre os contratos-programa 2019/2020. Estas instrucións contiñan un erro sobre o horario lectivo dos docentes destos programas, indicando unha xornada de 14 horas, cando ao tratarse dun contrato a media xornada, as horas lectivas son 12. Namentres esta Dirección Xeral non envíe novas instrucións … Ler máis
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019/2020 do corpo de mestres
Prazo de reclamacións: ata o 31 de decembro
