Listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social

CCOO ensino estamos realizando as xestións coa Consellería para que os chamamentos se efectúen máis días, e non só os martes.

CCOO como organización sindical asinante do acordo de interinos xa comunicaramos o noso rexeitamento absoluto á decisión unilateral da Consellería de facer un único día á semana os chamamentos de substitucións nas listaxes de mestres para as vacantes que se van producindo. Consideramos que, ao facelo así, a Consellería está a vulnerar o propio acordo.

Nestes momentos estamos en negociacións para que a Consellería reconsidere esta decisión e se faga a cobertura de vacantes como se viña facendo.

O conselleiro xustifica os recortes no ensino aducindo que xa non estamos en pandemia

Na intervención de onte no Parlamento, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, recoñeceu que hai menos profesorado ca o ano pasado, comparando as cifras co curso escolar 2019-2020 (anterior á pandemia) no canto de facelo coas do curso 2020-2021. A Consellería, deste xeito, recoñece os recortes e o máis sorprendente é que recoñece que actúa coma se xa non existise a COVID-19, dándolle á razón a CCOO-Ensino, tal e como manifestamos na conferencia de prensa do pasado luns.