CCOO ensino, de loito polo falecemento do compañeiro Veri Pazos

A Federación de ensino de CCOO de Galicia lamenta o falecemento aos 54 anos do compañeiro Verísimo Pazos, Veri, integrante da Comisión Executiva da Federación do Ensino, onde actualmente era responsable de organización e afiliación. A Secretaria Xeral da Federación, Luz López e a Comisión Executiva, queren trasladar as máis profundas condolencias á súa familia e amizades.

Publicación das puntuacións provisorias do baremo correspondente ás subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas

  • Prazo reclamacións desde o día luns 8 ata o venres día 12 de novembro de 2021, ambos incluídos.
  • As reclamacións presentaranse por calquera dos medios a que alude a base 3.8. da orde de convocatoria ante o propio Tribunal cualificador correspondente (especificando o corpo e a área) dirixidas á Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa San Lázaro, 107, C.P. 15781 Santiago de Compostela (sede dos tribunais cualificadores do procedemento de acceso).
  • Anexo Baremo provisional 3.2.1 e 3.2.4

CCOO ensino solicita por rexistro a extensión do programa ARCO

CCOO ensino vén de solicitar por rexistro a continuación da iniciativa ARCO no segundo e terceiro trimestres, para que o alumnado poida acadar os obxectivos do programa e, desta forma, se beneficie do reforzo, apoio e consolidación das aprendizaxes e contidos esenciais para favorecer a súa participación no grupo-clase. VER ESCRITO

CCOO anuncia mobilizacións para esixir a mellora dos servizos públicos e a recuperación dos dereitos de empregadas e empregados do sector

O próximo 10 de novembro, delegadas e delegados de CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas, manifestaranse coa finalidade de facer presión para que o Goberno central recupere a senda da negociación e o cumprimento dos acordos para a mellora do emprego público. VER CARTAZ CO LUGAR E HORA DAS CONCENTRACIÓNS

Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021 (código de procedemento PL500C).

CCOO Ensino consegue que as vacantes Proa+ se publiquen ao mesmo tempo que as vacantes ARCO

  • CCOO e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo de acceso a listas de interinidade solicitámoslle á Administración que se publiquen ao mesmo tempo as vacantes PROA+
  • VER SINATURA DA ADDENDA. Unha vez asinada, podemos confirmar que os chamamentos feitos onte por un erro da administración para os ARCO en secundaria se arranxaran xa que van a comezar de novo o proceso de chamamentos. 

Nova versión do “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19″

Esta versión harmoniza o texto coa actual versión en vigor do “Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (Covid-19) no ámbito educativo non universitario” da Consellería de Sanidade, de 16 de setembro de 2021 e en aplicación desde esa data na xestión de casos no contexto educativo en Galicia, e que responde á modificación realizada polo Ministerio de Sanidade no documento técnico “Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos” do 7 de setembro de 2021.

Estas modificacións trasládanse aos efectos de evitar discrepancias e dúbidas.

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19