ACTUALIZACIÓN DOS CENTROS DE ESPECIAL DIFICULTADE

A Consellaría vén de publicar no DOG a orde que actualiza os anexos  da Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade.

Cómpre que as persoas que concursen dende algún dos centros incluídos revisen a puntuación no baremo do apartado 1.1.3, pois correspóndelles 2 puntos por ano. Como a orde referida especifica que puntúan desde o 01/09/2017 neste CXT deberían ter 0’16 puntos por mes, é dicir, 0’33. No caso de que non llo estean puntuando hai que alegar ao baremo facendo referencia a que esta orde inclúe o seu centro.

Por outra banda, os centros que se transformaron en unitarias desde o 2010, e aqueles onde se crearon unidades especificas de educación especial, puntúan desde a súa creación.

Recomendamos a quen participe nos concursos que revise a nova relación de centros e as súas puntuacións no baremo para facer as pertinentes alegacións e non perder puntuación.