¿SABÍAS QUE?
- Defender os servizos públicos é esixir un correcto financiamento das Administracións -do Estado, autonómica e local- que nos garanta o acceso universal a uns servizos de calidade e a igualdade de oportunidades. Para iso debemos esixir tamén como algo imprescindible unha reforma fiscal progresiva.
- Reforzar os servizos públicos, como sanidade, ensino, servizos sociais e dependencia, atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero, augas, xustiza, prestacións de seguridade social, servizos de atención ao público, entre outros, mellora a calidade de vida, a cohesión social, dinamiza a economía e xera emprego.
- Esixir un aumento nos investimentos públicos é apostar por un avance nas nosas infraestruturas -estradas, ferrocarrís, portos, telecomunicacións, etc.- que, ademais de xerar emprego, garante a cohesión social e territorial.
- Reverter servizos públicos privatizados é apostar por unha eficiencia económica, pola calidade dos servizos e do emprego.
POR TODO ISO, CCOO ESIXE
EMPREGO
- Que se desenvolva integramente o Acordo para a mellora do emprego público, universalizando as ofertas a todos os servizos.
- Ofertas de emprego público que recuperen o que se perdeu e acaben coa excesiva temporalidade nas Administracións públicas. Ofertas excepcionais e ofertas ordinarias, incluíndo a Administración instrumental.
SALARIOS
- É imprescindible subir os salarios.
- Recuperar o 5 % furtado no 2010, pagas extraordinarias e todos os conceptos económicos eliminados durante a crise, para recuperar o poder adquisitivo perdido.
- Garantir unha suba salarial por riba do IPC.
NEGOCIACIÓN COLECTIVA
- Recuperar os distintos ámbitos da negociación colectiva.
- Desenvolver o Estatuto básico do empregado público en todos os seus ámbitos.
- Recuperar o resto de dereitos arrebatados, como a prestación ao 100 % por incapacidade temporal, formación, acción social, etc.
- Canto á xornada laboral, recuperar e estender as 35 horas.
DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOSDEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
- Freo ás privatizacións e reversión dos servizos públicos privatizados.
- Dotación de medios suficientes aos servizos públicos para un desenvolvemento eficaz e eficiente da súa actividade como garante dos dereitos de cidadanía.
- Cláusulas sociais, medioambientais e de igualdade obrigatorias na contratación pública, que garantan a eficiencia e transparencia do servizo, así como o emprego, as condicións laborais e a subrogación das persoas traballadoras.
- Recoñecemento dun marco de negociación para todo o sector público instrumental.
- Plans de prevención de riscos laborais e de emerxencia fronte á sinistralidade laboral para o conxunto de traballadoras e traballadores no sector público.